"Fotografía. Sust. Fem.
Arte e técnica de obter imaxes duradeiras debido á acción da luz".
Arte e técnica de obter imaxes duradeiras debido á acción da luz".
Moito nos gusta a fotografía e moi agradecidas estamos de que sexa un recurso que poidamos utilizar cada día.
Porque a memoria, ás veces é efímera, pero a fotografía axuda a recordar, a sentir... Unha arte que ten a capacidade de converter momentos fugaces en imaxes duradeiras. E nós estámoslle moi agradecidas, porque conservaremos o voso fermoso recordo de por vida!
Estamos satisfeitas co resultado das fotografías deste verán. Non era difícil retratar cariñas e sorrisos tan bonitos. Moitas delas están expostas no noso concello, e xa houbo moita xente que se achegou para decirnos que lles gustaban. Desfrutade delas, ensinádellas da nosa parte @s vos@s pequen@s e volvede a dicirlle que @s recordaremos sempre!
As fotos están organizadas por meses e son sinxelas de descargar. Así poderán estar nas vosas casas todas as que vos interesen.
Tendo en conta o mes que estiveron connosco @s vos@s nen@s, só tedes que pinchar no enlace correspondente. Ante vós, abrirase unha galería fotográfica chea de cor, de luz, de sorrisos, de novas aprendizaxes, de xente bonita e de alegría!