Debuxando emocións, emocionando debuxos
14:27
Dende que deu comezo a segunda quincena do mes de xullo, na Escola Marexada estamos a traballar no Taller de Intelixencia Emocional.
O obxectivo deste taller é achegarnos ao coñecemento das emocións, falar delas, verbalizalas, describir o que nos fan sentir e porqué, debuxalas e poñerlles cor.
Debemos ter en conta que a intelixencia emocional agrupa ao conxunto de habilidades psicolóxicas que permiten apreciar e expresar de maneira equilibrada as nosas propias emocións, entender as d@s demais, e utIlizar esta información para guiar a nosa forma de pensar e o noso comportamento.
Existen múltiples teorías que falan da intelixencia emocional. A modo de exemplo, en 1983, o estadounidense Howard Gardner, no seu libro "Inteligencias Múltiples: la teoría en la práctica" introduciu a idea de que os indicadores de intelixencia, como o cociente intelectual, non explican plenamente a capacidade cognitiva, porque non teñen en conta nin a "intelixencia interpersoal" (a capacidade para comprender as intencións, motivacións e desexos de outras persoas) nin a "intelixencia intrapersoal" (a capacidade para comprenderse un/unha mesm@, apreciar os sentimentos, temores e motivacións propi@s).
A publicación en 1995 do célebre libro de Daniel Goleman "Inteligencia emocional" cobrou unha gran popularidade, ao explicarnos que a intelixencia emocional permítenos:
- Tomar conciencia das nosas emocións.
- Comprender os sentimentos dos demais.
- Tolerar as presións e frustracións que soportamos no traballo.
- Acentuar a nosa capacidade de traballar en equipo.
- Adoptar unha actitude empática e social que nos brindará maiores posibilidades de desenvolvemento persoal.
- Participar, deliberar e convivir con tod@s dende un ambiente harmónico e de paz.
Resulta un tema a ter en conta, verdade? Cobra vital importancia no noso benestar e na búsqueda da felicidade. Por iso, en Marexada demos un pasiño máis ao adentrarnos na aprendizaxe emocional. E así, comezan a sair traballos tan fantásticos coma estes! Aquí móstranse algunhas caras que representan 5 emocións traballadas: a ALEGRÍA, o ASCO, a IRA, o MEDO e a TRISTEZA.
Se interesa ler máis sobre o tema, sabemos que a rede está chea de información, pero un enlace directo sería convidar a visitar o seguinte blogue MAESTRA DE CORAZÓN, onde se atopan lecturas interesantes sobre a educación emocional na infancia. De un blogue a outro, comprometidas coa xestión das emocións.
Emocionémonos xunt@s!!
Emocionémonos xunt@s!!
A ALEGRÍA |
O ASCO |
A IRA |
O MEDO |
A TRISTEZA |
0 comentarios