É máis o que nos une, que o que nos diferencia.

13:31



Cando un traballo enriquece, unha persoa érguese animada. Pero cando nesa mañá está prevista unha colaboración interesante, a xornada non pode ser máis enriquecedora. Así foi coa primeira visita de Marexada. Escola socio-educativa. 

Esa mañá cedo, dende A Coruña ata a Illa desplazáronse Isabel, Francisco e Víctor. Persoas que traballan en ASPAYM Galicia, asociación de persoas afectadas por unha lesión medular. 

A súa visita estaba anunciada e traballada, tratando os días anteriores temas relacionados coa discapacidade motora. Dende a escola intentamos darlle a mellor acollida posible.

Para nós, como equipo docente, resultou verdadeiramente emocionante a resposta que recibimos dende o primeiro momento que nos puxemos en contacto con ASPAYM. E coñecel@s, foi todo un pracer. 

@s nen@s tiveron a oportunidade de escoitar a Isabel, que expuxo cuestións relacionadas coa prevención da lesión medular, captando toda a atención d@s pequen@s pola súa maneira de dirixirse a eles/elas e facel@s colaborar.

Tamén tivemos a oportunidade de probar experiencias nunha cadeira de rodas, facer botar un balón dende a cadeira, cambiarse dunha cadeira de rodas a unha cadeira convencional, ir ao aseo na cadeira, baixar ou subir un escalón, subir unha rampa, carreiras ou paseos. Houbo moita interacción, unha moi elevada participación e amplos sorrisos. Ata coñecen os termos específicos, sabendo que as barreiras arquitectónicas son as nosas principais inimigas. 

Por todo isto, a sensibilización coa discapacidade motora, está máis que garantizada.

Os nosos parabéns a Aspaym por este traballo de achegar a diversidade ás escolas e o noso agradecemento infinito por traer ese bo humor ata Marexada.


Son desos recordos, que quedan marcados na memoria, imposibles de olvidar.


You Might Also Like

2 comentarios

  1. Emocionante o traballo que estades facendo. Noraboa!!

    ResponderEliminar
  2. Gracias Luísa!! Emociónache porque a nós tamén nos emociona! ;)

    ResponderEliminar

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS