Mans que falan, ollos que oen

01:10

Veru e Víctor móstrannos cómo se utiliza
a Lingua de Signos con persoas sordocegas.
Do mellor que lle pode ocorrer a unha sociedade, é que non existan barreiras para comunicarse unhas persoas con outras. 
A Lingua de Signos Española é unha lingua equiparable a calquera outra lingua oral, e saber signar resulta unha ferramenta interesantísima para poder comunicarnos con toda esa xente que está afectada por unha discapacidade auditiva. E son arredor dun millón de persoas no noso país! Case nada!

Non nos causa sorpresa que os bebés aprendan a comunicarse a través de xestos ou sinais. Tanto a súa comprensión da linguaxe como as súas habilidades motoras desenvólvense moito máis rápido que a súa capacidade de falar. Ademais, encántalles imitar aos demais.

O noso mural temático sobre a Lingua de Signos.
Un exemplo disto, é que a maioría d@s bebés aprenden a sacudir a man para dicir adeus e apuntan a algo que lles interesa, moito antes de adquirir a linguaxe e poder pronunciar "adeus" e dicir "mira iso!" 

Algúns dos beneficios da aprendizaxe da lingua de signos son, entre outros, reducir a frustración, fomentar vínculos e favorecer o desenvolvemento da fala.

Unha vez que a linguaxe oral está adquirida, esta lingua non fai máis que ofrecernos posibilidades, rompendo barreiras de comunicación, mellorando a nosa xestualidade, a coordinación óculo-manual, a expresión, a socialización e convertíndonos en axentes de cambio, promovendo a inclusión das persoas con diversidade funcional. 

No día que a Escola Marexada superou as súas dúas primeiras semanas de andaina educativa, viñeron a visitarnos tres persoas moi especiais; Paula, Miguel e Veru. Os tres forman parte dun equipo de traballo da webserie galega "Mírame cuando te hablo". Ten como principais características que os actores e actrices son persoas sordas, está rodada en Lingua de Signos Española con subtítulos e é un producto audiovisual de orixe 100% galego. Un luxazo recibilos e darlles a nosa noraboa polo seu traballo.


Miguel e Veru expuxéronnos as principais barreiras comunicativas coas que se atopan as persoas afectadas por unha discapacidade auditiva. Faláronnos da Lingua de Signos, contaron o seu traballo na webserie e puidemos ver un corto titulado "Bla Bla Bla" sobre as barreiras de comunicación coas que se atopan as persoas con xordeira e xordocegueira. 
Pinchando sobre este enlace poderedes desfrutalo como o fixemos nós: Curtametraxe sobre persoas con sordeira e sordocegueira "Bla Bla Bla"

Xunto a eles non paraban de achegarse nen@s para deletrarlle o neu nome segundo o Alfabeto Dactilolóxico e facerlle preguntas que Miguel contestaba en Lingua de Signos, mentres Veru intrepretaba os signos á mensaxe oral.

Para que marcharan cun sorriso, estes días @s alumn@s de Marexada foron quenes de aprender varias cancións en Lingua de Signos, que representamos tod@s xunt@s. Non saberíamos dicir canto tivo de fermoso e canto de emocionante. Do que estamos segur@s é de que foi realmente xenial!


You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS