Moito que ver contigo

00:39


Seguindo co obxectivo da sensibilización coa diversidade funcional, na Escola Marexada aprendemos moito sobre a discapacidade visual, contando cunha colaboración excepcional. Dende a ONCE de Pontevedra, aceptaron moi amigablemente a nosa invitación para acompañarnos nunha mañá na escola. Ás 11 horas chegaban dúas persoas afectadas por este tipo de discapacidade. Acompañados de Marián e Lorena, os nosos ollos estaban máis abertos que nunca!


De verdade que foi algo excepcional! 


Non soemos ter a oportunidade de escoitar unha exposición como a delas, nen quedar abraiad@s coa cantidade de materiais adaptados que trouxeron! Viñeron cun sorriso e unha maleta chea de recursos para mostrarnos! 

Tod@s queríamos tocar, tocar e tocar! E qué mellor, porque xunt@s coñecemos o Sistema Braille a puidemos valorar a agudeza do sentido do tacto que se necesita. 
Foi outra mañá para o recordo.

Marián ensínanos o Sistema Braille.
Boneca co Sistema Braille.
Marián e Lorena móstrannos un conto infantil 
con texturas e texto no Sistema Braille.
Lorena lenos un conto no Sistema Braille.
Xogamos coa pelota de cascabel e os ollos vendados.
Puxemos a proba o sentido do olfato 
a través dos rotuladores de cores con olor.
Sorprendémonos cun libro de arte, con relieves,
texturas e texto escrito co Sistema Braille.
Puxémonos na pel dunha persoa cunha 
discapacidade visual dando un paseo polo patio.
Era necesaria a coordinación,
"pé dereito adiante, bastón á esquerda", repetía Marián.
E @s nen@s querían sentir e participar unha e outra vez.
Cánto nos gustaron todos os materiais! 
Boneca e conto en Braille.
Na Escola Marexada, fixemos o noso particular Sistema Braille. 
Aquí podemos ver a Marián e Lorena léndoo.
Este foi o agasallo caseiro que, en forma de agradecemento, a Escola Marexada quixo ter coas persoas da Once que viñeron a visitarnos. Sabemos que lles gustou, e máis nos gustou a nós que nos felicitaran pola nosa boa caligrafía no Sistema Braille. 

You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS