O debuxo inclusivo que emociona

10:30

Son moitos os estudos que afirman que "o debuxo infantil é unha actividade artística e unha gran ferramenta de traballo". Está considerado como "unha linguaxe moi rica e singular". 
O debuxo infantil ten o poder de ir máis alá da expresión oral, polo que tende a ser para @ nen@ unha forma de expresión e pensamento. "O debuxo, xunto co xogo, convértese nun dos máis importantes medios da súa expresión. Vén a ser un dos indicadores do que lle está pasando ao propi@ nen@, no seu proceso de desenvolvemento".

Os debuxos elaborados por nen@s son moito máis que sinxelos trazos, cores e representacións, son un factor esencial do seu proceso de maduración e un medio de expresión non verbal, xa que a través do debuxo, plasman realidades que seguramente non poderían expresar con palabras.

Dúas nenas en cadeiras de rodas fan xirar a corda, 
mentres a autora do debuxo salta. 

Uns días despois de rematar o noso Taller de Diversidade Funcional, aparece nas nosas mans este debuxo. É relevante saber que foi feito nun momento deses que tanto demandan, nun momento de "debuxo libre".

Foi moi emocionante. Unha expresión moi nosa define claramente o sentir:  "Non collemos na cuncha!"

Gracias pequena! Gracias!

You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS