Porque son fermos@s, da cabeza aos pés, (aos pesiños)

08:02

Unha escola ten o poder de facer sorrir, de facer feliz! Aseguramos que sentir que se cumple este poder cada mañá, é moi reconfortante. Rin os pequenos, rin as pequenas e rimos nós. Sempre, sempre hai pequenas ou grandes alegrías. Non soe ser unha soa, senón varias cada día. Onde dan máis? Agora mesmo pensamos que en ningures! 

Esta semana demos comezo ó noso Taller de Intelixencia Emocional. Haberá tempo de coñecer emocións, de debuxalas, poñerlle cor, poñerlle cara, de falar sobre elas, de coñecer o que nos fan sentir e porqué. 

Introducirémonos no bonito tema da xestión emocional. As emocións son o noso motor. Polo tanto, convértense nunha aprendizaxe vital! Desfrutemos xunt@s das emocións positivas e non nos deixemos inundar polas negativas!

Porque merecen o mellor. Porque son fermos@s, da cabeza aos pés.



You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS