Sensibilización e pintura, boa mestura!
11:11
Para comprobar o desfrute coa actividade, non había máis que verlle as cariñas!
Que utilizamos a pintura de dedos, aquí está unha mostra. A finalidade non era outra máis que decorar unha maceta para ver medrar e ser partícipes do crecemento dunha leituga! Oitenta pés de leituguiñas pequerrechas foron a parar á Escola de Verán.
A primeira das actividades de exterior da Escola Marexada tivo unha gran acollida, participación e interese. Hoxe tocou plantar con coidadiño cada unha das leitugas, darlle de beber e poñerlle un nome. Agora a responsabilidade de tod@s será tratalas moi ben, ir a saudalas cada mañá, ofrecerlle auga e agardar a que poidan medrar e medrar gracias aos nosos coidados.
Houbo tempo tamén para adentrarnos de cheo na materia da programación. Esta primeira quincena xirará en torno á sensibilizacion na DIVERSIDADE FUNCIONAL, para a cal, comezamos falando e aprendendo da diversidade que nos rodea. Tod@s somos únic@s e irrepetibles e que mundo diverso e interensante conformamos! Qué aburrido sería o contrario! O respecto debe ser a nosa prioridade.
A mestura de actividades dinámicas e materiais audiovisuais fixo que a mañá pasara voando. Traballamos ben comentando algúns dos vídeos sobre a diversidade e resulta moi interesante escoitar as súas respostas, como por exemplo ao seguinte conto "Por cuatro esquinitas de nada".
Nos minutos finais, tivemos tempo de coñecer a unha nova mestra virtual, que nos acompañará con cancións en Lingua de Signos Española. Os/as nenos/as máis maiores, están a piques de aprendela toda!
2 comentarios
Cantas cousiñas bonitiñas facedes. Encántame ;)
ResponderEliminarGracias! E que sorte que sexas a nosa psicóloga infantil. Todo un luxazo! ;)
ResponderEliminar