Todas as personalidades: bellota e pedra

12:04

Aquí outro agasallo que emociona.

Poderíamos pensar que simplemente son un par de folios cunhas letras, que levan pegado unha pedra e unha bellota. Pero quedarse nesta primeira lectura, sería algo moi superficial e desconsiderado.    
            
Cando unha nena de 5 anos apareceu, a primeira hora da mañá, con este traballo na súa man ofrecéndonolo, a emoción apoderouse de nós, enchéndoa de bicos e agradecéndollo moito!

É importante ter en conta que este agasallo chega despois de traballar con ela un taller de sensibilización coa Diversidade Funcional. Sabendo isto, o agasallo en cuestión cobra moita máis simboloxía.

Esta nena optou por facer ela soa na casa (confirmado coa súa familia) unha representación persoal da diversidade, con elementos propios do entorno que nos rodea no patio do colexio. Decidíu escribir o texto "Todas as personalidades" exemplificándoo cunha "bellota" e unha "pedra". 
Esta foi a súa maneira de expresar un mundo diverso, onde tod@s temos dereito a formar parte del en igualdade de condicións e libres de toda discriminación. Encantóunos!
Gracias pequena!

You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS