Hoxe tocou día de
despedidas e as nosas caras son tristes. Non polo vivido, senón por ter que
frear a inesquecible compañía de 60 nen@s que fixeron posible levar á práctica un proxecto educativo propio e diferente.
Botaremos de menos
moitos sorrisos, toda a vosa alegría e a enerxía que desbordades ao noso carón. Enerxía que nos levamos!
Cando comezou a Escola Marexada sabíamos que tiñamos que parar a nosa dorna chegado o día de hoxe,
pero o que non agardábamos eran todas as sorpresas desta mañá. Flores,
chocolates, debuxos, moitos bicos e aínda máis abrazos.
Sodes xeniais!
Gracias
por estar onda nós!
Queríamos que a mañá de hoxe só fose un ata
logo. Volveremos a vernos moi pronto, porque estamos preparando unha sorpresa
onde volver a atoparnos. Porque vos merecedes outro tipo de despedida. Por todo
o que nos déchedes, isto non podía rematar aquí.
Ata pronto. Ata moi pronto!
Andade
atent@s!