Grazas

17:21

O pasado 1 de xullo, comezábamos o día con moitos nervios e con moitas caras novas, resultábanos imposible enumerar as emocións que se xuntaron aquel día nunha única sala. Había bágoas, pero tamén había uns sorrisos enormes e fermosos, eran caras que íamos a ver moi a miúdo a partires dese día.
O mes foi avanzando, e as sorpresas, os sorrisos, as alegrías e algún que outro pote, acompañáronnos a diario nesta viaxe tan fermosa.

Ao pouco de comezar xa puidemos notar que as pequenas e pequenos nos arroupaban con moito cariño en forma de debuxos, flores, pulseiras e unha cantidade innumerable de detalles, aos que é máis que probable que ningunha de nós estivese afeita.

Tivemos visitas, traballamos, xogamos, e así foron pasando os días; e os nenos e nenas que nun principio parecían pouco convencid@s, acabaron vindo alegres e formando parte indispensable desta escola. Por iso, e por todo o que levamos aprendido d@s pequen@s neste mes, dende a Escola Marexada queremos facer público cánto botaremos de menos ós nenos e nenas que non voltan en agosto, e darlles as grazas por un xullo de sorrisos infinitos!!!

You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS