Guau! Guau!

13:32

Pasen e vexan, animais e persoas felices: 




















O tema que nos ocupa nesta última quincena do mes de agosto é o TALLER DE MEDIO AMBIENTE E DEFENSA ANIMAL. A sensación do momento é que non puidemos estrealo de mellor maneira. 

Seguindo coa nosa forma de traballar, cremos firmemente que as colaboracións coa Escola Marexada aportan á programación unha riqueza nas aprendizaxes, incuestionable. Cremos tamén que as portas das escolas deben estar abertas, para o que coñecemento vaia e veña. Desta maneira, medramos tod@s.

Así foi hoxe á mañá, recibindo a visita máis numerosa. Olga e Rosi, xenerosas traballadoras voluntarias do Refuxio de Animais de Cambados non tiveron ningún inconvinte en achegarse con 5 preciosidades de 4 patas. Xunto a elas chegaron Annie, Clau, Bela, Mía e Curro. Vel@s entrar xerou aplausos, sorrisos e moita ilusión. Cans e cadelas que agora viven no Refuxio porque algunha persoa quixo apartal@s da súa vida, provocándolles en moitos casos sufrimentos, desatencións, golpes ou abandonos. 
No polo oposto a toda esta violencia están Olga e Rosi e lugares coma o Refuxio. As delas son vidas adicadas ao amor polos animais e por intentar curar feridas. 
Gracias á súa labor, cans e cadelas chegan a un espazo coma o noso con melenas brillantes, ollos abertos e uns amplos sorrisos. Déixanse acariciar e abrazar, déitanse ao carón d@s nen@s, fan un circuíto pasando por uns aros, saltan obstáculos, xogan aos bolos... E logo está Annie, que sabe multiplicar e deletrear con ladridos os nomes que se lle din.
Como exemplos:
- Olga dicíalle 2x3 e Annie respondía 6 ladridos.
- Olga dicíalle o nome de Lois e sabía cántas letras tiña, respondendo con 4 ladridos.

Ante a sorpresa, repetiron o exercicio varias veces, e acertaba sempre! Era unha cadela xenial! Intelixentísima! Recibiu unha morea de aplausos e agarimos, ben merecidos.

O mundo sería un lugar mellor se existisen máis persoas coma elas. Escoitalas falar do seu amor aos animais, do seu traballo no Refuxio, das duras situacións que viven, do seu esforzo, do seu altruísmo ou das adversidades que superan unha e outra vez, convírteas en mulleres fortes, mulleres valentes, mulleres apaixoantes! Emociona escribilo porque emocionou velas e escoitalas.

Houbo tempo de sensibilizarnos sobre a defensa e o coidado dos animais, sobre a responsabilidade que supón coidar a un animal a cambio da máis fiel das amizades. Olga e Rosi comentaron tamén a importancia de recoller os excrementos das nosas mascotas así como dar a coñecer algunhas actividades do Refuxio. Á parte do acollemento ou adopción, podemos ir calquera sábado pola mañá a sacar aos animais de paseo, ir de visita en xornadas de portas abertas, facer voluntariado, doazóns ou tantas outras formas de colaborar que podemos coñecer na súa web: http://refugiocambados.es/es/

Pero isto non foi todo. As mestras de Marexada queríamos ir un pouco máis alá e días antes pedimos a colaboración das familias para que xunt@s puidésemos facer unha doazón ao Refuxio con productos de baixo custo para os animais (comida para cans/cadelas e gat@s, area para gat@s ou productos de limpeza para os espazos dos animais). Convertemos así unha visita nun acto de solidariedade e axuda desinteresada, valores necesarios que xunt@s inculcamos @s nen@s. 
Colaboramos as mestras da Escola Marexada, @s 60 nen@s e as súas familias e o Concello de A Illa de Arousa. Foi emocionante a cantidade que xuntamos. Olga, Rosi e os animais do Refuxio agradecéronnolo moito e nós non podemos máis que volver a agradecerllo a tod@s @s que participar@n para facer unha doazón fermosa e conxunta. Bo proveito animaliños!

Porque tod@s temos dereito a unha vida digna, persoas e animais! 
Gracias Olga, Rosi, Annie, Clau, Bela, Mía e Curro. 
Un verdadeiro pracer e toda unha lección!

Nos seguintes enlaces, a conmovedora historia da cadeliña Tinta acompañada de Olga visitando un programa de televisión.

You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS