Marexada e Clube Deportivo Punta Cabalo Arousa Runners
23:39Marexada + Punta Cabalo Arousa Runners |
Hai uns días que viñeron a visitarnos dúas persoas moi amigas da Escola Marexada. Pero non viñeron de maneira individual, senón Fer como presidente e Nuria como secretaria, dun clube deportivo de recente creación, fundado no noso pobo. Forman parte do Clube Deportivo Punta Cabalo Arousa Runners, e viñeron a falarnos da importancia da actividade física na infancia, moi relacionada co taller traballado nese momento, o Taller de Intelixencia Emocional.
Acaso hai algunha persoa que se sinta mal despois de practicar unha actividade deportiva? De sobra coñecemos que o deporte alivia tensións, reduce estrés e frustracións, fainos sentir ben, fainos sentir a gusto e polo tanto, fainos sentir felices. Este é o noso fin, favorecer aprendizaxes para que os nen@s de hoxe, sexan persoas adultas e cheas de felicidade mañá.
Nuria e Fer axudánronnos na tarea, cunha exposición moi interesante sobre os beneficios da práctica deportiva. Lograron captar a atención de máis de 60 nen@s e 4 profes que os mirábamos cos ollos ben abertos. Houbo unha ampla participación e deron ideas moi interesantes.
Practicando unha actividade física regular, lograremos:
Un momento da exposición. |
- Mellorar a nosa resistencia.
- Manter os ósos fortes.
- Mellorar a forza e o crecemento muscular.
- Manter un peso saudáble.
- Mellorar a autoestima, o sono e o estrés.
- Diminuír a posibilidade de padecer enfermidades crónicas na idade adulta.
A actividade física na infancia, tamén nos aporta aprendizaxe en valores, tales como:
- Espíritu deportivo.
- Esforzo.
- Mellora do rendemento escolar.
- Traballo en equipo e consecución de metas.
Falábannos que o deporte é:
- Unha actividade socializadora.
- Favorece o compañeirismo.
- Reduce a agresividade.
Moit@s coñecíamos a pirámide alimenticia, pero non a pirámide da actividade física! Qué fermoso descubrimento!
Nuria explicándonos a pirámide da actividade física. |
Nesta ocasión, comentando a pirámide alimenticia. |
Estamos moi agradecidas pola resposta que recibimos cando convidamos a persoas a colaborar coa nosa escola, aportando o que cada un/unha sabe facer e domina. Resulta un traballo colaborativo dun alto impacto, favorecendo a aprendizaxe que desta maneira logra ser moi significativa.
Un momento da exposición. |
@s pequen@s brincan xunto a Nuria nunha actividade de cardio. |
Aínda houbo tempo de desfrutar do conto "Os chivos chivóns" que Nuria tan ben representou. Aproveitamos para deixarvos un enlace onde desfrutar da narración do conto "Os chivos chivóns".
Nuria nun momento da representación do conto. |
O noso agradecemento nesta ocasión para Fer e Nuria, e para o Clube Deportivo Punta Cabalo Arousa Runners que tan ben representan.
Esta entrada, vai adicada a vós. Noraboa polo fomento do deporte no noso pobo, por evitar o sedentarismo, por fomentar a sociabilidade e por axudar a promover a felicidade.
Un pracer!
0 comentarios