A estrea de "Mensajes en el agua" en Lingua de Signos Española (LSE)
11:22O sábado 19 de setembro de 2015, no Concello de A Illa de Arousa publicouse o seguinte traballo ben fermoso en Lingua de Signos Española.
Un público numeroso quixo acompañarnos agasallando así o traballo deste verán coa Escola Marexada. Moreas de familias e amig@s devolvíannos sorrisos, abrazos e palabras que alimentan.
Signar unha canción foi unha aprendizaxe moi
emocionante para nenos, nenas e mestras da Escola Marexada.
Crendo nunha escola inclusiva, este traballo
forma parte do Taller de Diversidade Funcional. Tiñamos como obxectivo
sensibilizar ao alumnado no respecto e coñecemento dunha sociedade heteroxénea,
onde todas as persoas temos o dereito de ser tratadas de forma xusta e
igualitaria.
Con este vídeo en Lingua de Signos Española
(LSE) queremos contribuír a derribar as barreiras de comunicación coas que se
atopan as persoas afectadas por unha discapacidade auditiva, camiñando canda
elas no recoñecemento da súa lingua e dos seus dereitos.
Gracias por tanto, LSE! Gracias pequenos e pequenas por protagonizar un traballo así de fermoso!
Desfrutade do vídeo, pinchando no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=nCLO1qwQOms&feature=youtu.be ou na imaxe posterior. Dádelle ao "play" e moitas manciñas comezarán a moverse!
- Canción: "Mensajes del agua"
- Cantante: Macaco
- Protagonistas: Nenos e nenas da Escola Marexada
- Lugar: A Illa de Arousa, Galicia
- Data: Verán do 2015
0 comentarios