MAREXADA INFORMA!
11:37
Pasaron uns días dende que a Escola Marexada deixou de ver cada día as cariñas d@s pequen@s. Pero iso non significa que non as lembremos cada día.
Prometemos volver a vernos pronto, e niso andamos. Pedímosvos agora que tod@s @s nen@s, persoas achegadas a nós e entidades colaboradoras coa escola REVISEN OS SEUS BUZÓNS. Algo enviado con moito cariño agarda ser recollido.
Temos certezas de que moitas persoas xa foron aos seus buzóns. É moi agradable atopar xente que nolo comenta polo camiño. Es@s nen@s que non acostuman recibir correspondencia. Incluso, nalgunhas ocasións, a primeira carta que recibiron na súa vida é da Escola Marexada. Esas alegrías, esas emocións e esas caras de incredulidade.
Cando somos as responsables de que algo fermoso ocorre na vida de alguén por primeira vez, cando temos esa primicia, seguro que seremos recordadas. E ese sentimento, é o mellor agasallo a esta tarefa que nos ocupa.
Tamén resulta fermoso que xente moi achegada a nós nos envíe foto do que nós enviamos. Unha retroalimentación que cura a fame toda.
Porque pasamos un verán para o recordo, non deixamos de traballar en mellorar ese momento final.
Seguiremos informando....
0 comentarios