POÑEMOS FIN VOLVÉNDONOS A VER!

08:34

Porque os bos finais sempre son recordados. Porque foi tanta a intensidade de enerxía posta na Escola Socio-educativa Marexada, e porque o que ricibimos a cambio son froitos elaborados pol@s nen@s que merecen ser expostos, convidámosvos a acompañarnos este sábado 19 de setembro ás 19 horas no Concello de A Illa de Arousa.

Alí levaremos a cabo a proxección dunha canción en Lingua de Signos protagonizada pol@s nen@s e unha fermosa exposición de fotos e de traballos feitos.

Porque será bonito volver a atoparnos neste fin de festa, convidamos a asistir a todas as persoas que queiran achegarse canda nós.

Hai moita ilusión posta! Vinde, vinde e veredes! 

You Might Also Like

3 comentarios

  1. Mandaronme unhas fotos expostas no auditorio onde sale Gael.
    Podo conseguilas de alguna maneira?
    Gracias!

    ResponderEliminar
  2. Mandaronme unhas fotos expostas no auditorio onde sale Gael.
    Podo conseguilas de alguna maneira?
    Gracias!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Pilar!
      Claro que si. Dixémoslles onte no concello ás familias que temos moitas fotos moi bonitas d@s pequen@s. Unha boa mostra foi exposta.
      Informamos que a nosa intención era facer unha galería de fotos neste blogue e que cada familia fixese un "guardar como" para descargalas comodamente dende a a casa. Nesta semana agardamos poida estar esa galería fotográfica feita para vós.

      Por outro lado, hai un vídeo en Lingua de Signos feito pol@s nen@s, recén publicado neste blogue. Gael sae facéndoo xenial! Agardo que vos guste moito, moito! Xa nos comentarás as vosas sensacións.

      Un abrazo dende a Illa!

      Eliminar

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS