A mellor forma de comezar a describir esta visita, é dicir que escoitando e vendo traballar a esta muller, quedas abraiadx.
Así é, Nuria Santiag0! Gracias por ensinarnos tanto. Gacias por vir a compartir a mañá do venres con nós, pero gracias porque sin querelo, as mestras tamén estábamos aprendendo de ti. É moi fermoso verche desfrutar, verche entregada na tarefa e verche así de contenta.
Nuria centrou a súa exposición nos XOGOS OLÍMPICOS. Nun momento, incluíu o xénero, desmontou estereotipos sobre os deportes, visualizou outros minoritarios, valorou e ensinounos a valorar o deporte, o equipo, o traballo, o sacrificio e a superación persoal.
Fíxonos xurado dun material audiovisual cargado de sensibilidade e emoción. Mostrounos as PARAOLIMPIADAS e todo o seu valor. Falounos de historia e de símbolos ante un público que a miraba sen pestanexar, con moitísima participación e cun xogo de relevos final, no patio, que encandilou e do que tomamos boa nota!
Nós intentamos estar á altura. Ambientamos por sorpresa sin que o soubera, cos 5 aros que conforman un dos símbolos das Olimpiadas.
Carme Barreiro fixo coroas de olivos e entre todas agasallamos a Nuria dándolle á imaxinación. Unha zapatilla de deporte, chea de vida, cunha pranta da alegría, cor vermella, que non parará de medrar onda ela.
Gracias Nuria e noraboa polo soño de Punta Cabalo Arousa Runners! Eres xenial!