VISITA DA ONCE - DISCAPACIDADE VISUAL

03:00

"Gracias por ensinarnos a ver tantas cousas". 

Con esta mensaxe escrita en Braille caseiro nun xarrón de cristal con astromenias da horta, quixemos agradecer a Marián e a Carmen, traballadoras da ONCE a súa visita na escola. Foi un agasallo sensorial, e unha búsqueda de ideas na nosa imaxinación. Tamén houbo unha tarxeta con mensaxe de voz e Braille, adaptando os materiais á nosa visita. E mesturando o Braille e a plastilina, @s nen@s inundaron a clase cos seus nomes neste sistema de comunicación. 


Isto é unha frangulla, ó lado de todo o que elas compartiron con nós. 
Viñeron con cadansúa maleta chea de material. Son materiais que non temos ó alcance todos os días, polo tanto fascinan e sorprenden, captando rapidamente a atención de tod@s. Contos que mesturan texto en tinta e en Braille, rotuladores de cores con olores, boneca con Braille, bastóns e antifaces, novas tecnoloxías adaptadas a persoas cegas, información sobre os cans guía e curiosidades sobre roupa e vidas cheas de superación. 


Logo están elas, coa súa tremenda educación. Coa súa amabilidade e o seu trato fácil. O seu sorriso e a súa capacidade de adaptación a un mundo cruel coas persoas que presentan algún tipo de discapacidade. 
Nun mundo tan visual coma o noso, onde todo nos entra polos ollos, elas adaptáronse froito da necesidade e agora expanden ao mundo a súa maneira de ver, de comunicarse e de ser totalmente independentes. 
Nais de familia, traballadoras e mulleres cheas de forza. É unha lección de vida coñecelas, porque é imposible quedar indiferente. 

Gracias por tanto, Marián e Carmen.



























You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS