VISITA DE ASPAYM GALICIA. DISCAPACIDADE MOTORA

03:00

Á hora de marchar, Eva invitou a comer a Francisco. 
Foi educada, e dixo: 
- "Francisco, queres comer na miña casa? 
Voulle a preguntar a miña nai."


Dende o verán pasado, Eva, Mariña e Francisco crearon unha bonita amizade. 
Todo comezou nun paseo que se deron polo patio. Francisco ía en cadeira de rodas, e elas dúas guiaban a cadeira, mentras conversaban. Hai unha foto fastástica dese momento que hoxe recordamos xuntxs. E moi pronto Eva volveu dicir: "Profe, fasnos unha foto coma a do ano pasado?" E haina, pero gardámola coma o noso maior tesouro! 


E con esta fermosa historia de por medio, compartimos unha mañá para recordar. Isabel e Francisco, chegaron ás 11 ó noso cole dende A Coruña. Traballan en ASPAYM Galicia e viñeron a compartir con nós todo o seu saber sobre a discapacidade motora, sensibilizando e facendo prevención da lesión medular. 

Logo viñeron as carreiras en cadeiras de rodas polo patio. Sentir a dificultade da mobilidade, facer xirar a cadeira, freala a tempo ou subir unha beirarrúa. Grandes habilidades que Francisco e outras persoas deben adquirir para adaptarse a un mundo aínda non preparado para a diversidade. 


Nós que podemos, xa demos un pasiño e achégamonos un pouquiño máis ao sentir dende unha cadeira de rodas. Porque somos únicxs, irrepetibles e estamos chexs de habilidades diferentes! 

Gracias por tanto, Isabel e Francisco. O traballo así convértese nun pracer e nunha ensinanza nova para nós. 

Volvede á Illa pronto, porque haberá amigxs agardándovos para comer!























You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS