VISITA SOBRE XADREZ

03:00

Estánsenos a acumular as actividades para contar. Isto non pode ser, imos ver de remedialo xa! 

O tema é que neste mes de xullo, para achegarnos algo máis ó deporte do xadrez, Carlos Chaves Otero veu a visitarnos unha mañá á escola. 
O divertido da xornada, está nas imaxes. E o cargamento de material que trouxo Carlos, gracias ó seu traballo como monitor de xadrez no Clube De Xadrez Dorna Illa de Arousa, que anda a recoller éxitos e medrando en número de alumnado. 

Parabéns polo voso traballo e polo deporte practicado con incuestionables beneficios para a nosa saúde. A memoria, a concentración, o razoamento, a toma de decisións, a empatía, a amizade, os medos, a superación persoal... Todo isto practícase e pode mellorarse xogando ó xadrez. 

Gracias Carlos, por querer expandir todo o movemento que estas pezas e o seu taboleiro nos poden dar. Oxalá desta mañá, saian novxs xogadorxs para o clube! 

Enormes tamén as gracias para Yamil Doval Dios, dado que foi o noso reporteiro fotográfico nesta actividade. 

Contando con tantas mans, isto é un pracer! 














You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS