Chegou o 31 de agosto, pasaban das 3 da tarde, o cole estaba baleiro, pero nós non nos queríamos ir.
Cóstanos despegarnos, e iso vale ouro!
Foi unha última mañá ben bonita. Chea de xogos, de auga, de sol e de abrazos. Preparamos xogos tradicionais, desfrutamos ben, pintamos cariñas, entregamos diplomas e recibimos doces agasallos.
Gracias por toda a axuda da que dispuxemos. Foron moitas as persoas e entidades que quixeron camiñar este verán onda nós, sensibilizando conxuntamente e compartindo o soño dunha sociedade xusta e igualitaria.
Inmensas gracias ós/ás pequerrech@s e familias, por deixarnos desfrutar tanto!