MESTURA DE XERACIÓNS COAS VISITAS DE AVÓS E AVOAS

03:00

- CON QUE TE QUEDAS DA VIDA DE ANTES? 
- Co respeto dos fill@s por pais, nais e maiores. 
- Coa solidariedade. 
- Coa bundancia de marisco (abundacia de traballo). 

- CON QUE TE QUEDAS DA VIDA DE AGORA? 
- Coa liberdade de expresión. 
- Coa liberdade de movemento. 
- Coa hixiene. 
- Coa sanidade. 

Estas foron algunhas respostas de Celso, Manolo, Pilar e Armando. O grupo de avós/as que quixo vir a compartir algo da súa historia de vida con nós. 



Os nen@s elaboraron estas, e outras moitas preguntas centradas na vida na Illa, cando eran nen@s. Foron preguntados polas súas escolas, polos seus xogos, se tiñan deberes ou vacacións. Polos deportes, os animais da Illa, os periódicos, as festas ou as comidas. 

Moi alegremente, @s nos@s invitados ían respondendo, dando datos curiosos ou téndose que erguer da silla pola emoción de contar unha vivencia propia ante tan fermoso público. 



Houbo tempo de agasallos, de fotos con net@s, de apertas e felicitacións. 
Foi moi fermoso abrirlle a porta ós nos@s avós e avoas. 

Gracias por aceptar a nosa invitación, porque é necesario saber de onde vimos, para construir xunt@s o mellor dos futuros! 

Ao marchar, Celso, Manolo, Pilar e Armando levaban cara de satisfacción, e nós moi orgullosas de compartir espazo con tan cariñosas xeracións.







You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS