O SOL QUE COCIÑA FLOCOS DE MILLO, E NOVOS ANIMAIS VEÑEN A VERNOS

03:00

O pasado venres, tivemos unha mañá na Escola de Verán de A Illa, de visita doble. 
A media mañá chegou Gaby Hundelshausen á escola, coa súa cociña de enerxía solar. 


O sol quixo acompañarnos nunha mañá de cociña que semellaba maxia. Gabi desplegou todo o seu material. Había ollas, sarténs, cesta de picnic, flocos de millo a barullo, sal, azucre, manteiga, cornetes de papel... Non faltaban detalles, e a nosa convidada puido cociñar un bo capacho de flocos. 



Os nen@s estiveron atent@s á súa conversa, á maxia do sol, e tod@s puidemos catar o que alí se cocía con aquela enerxía alternativa. 

Foi fermoso verche traballar, Gabi e máis aínda as túas gañas de vir a pasar unha mañá con nós. Agardamos a que se foran as nubes, e fóronse, facendo brilar o patio do cole. 

Gracias! 


A mañá seguiu dando de seu, e chegou pola porta o papi de Aitor, un compañeiro pequerrecho e fermoso que quería mostrarnos parte dos animais que crían na casa. Gracias Rafa e Aitor, pola vosa compañía. 


As fotos con Gabi e Aitor, foron posibles porque Miguel Rodríguez estivo con nós. Eres ben xeneroso! 

Gracias! 

















You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS