TEATRO Á BEIRA DO MAR

03:00

Dende a Biliboteca Municipal de A Illa, chegounos unha invitación para unha obra de teatro á beira do mar. Gracias ó concello e a Ángela, coñecemos a Coralina.


Coralina é unha supervivente dun naufraxio no Océano Atlántico. Coralina gracias ós arroaces, ós peixes, ás estrelas e ós moluscos puido chegar á Illa de Arousa. Por iso converteuse en defensora dos habitantes do mar e loita contra os residuos vertidos nas praias. 
Ten tres misións: misión polbo para os residuos de papel e cartón. Misión nécora, para os residuos plásticos e a misión estrela de mar para os residuos orgánicos. Pero Coralina necesitaba axuda! Para iso, creáronse grupos especias de colaboradores: os gardiáns do mar.

Despois de coñecer o conto, houbo traballo de recollida de residuos na praia do Cabodeiro, axudando a Coralina na súa fermosa misión de eliminar os vertidos nas praias e converterse en defensora da natureza.  

A natureza é amiga nosa! 






You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS