VISITA DE BENITA
03:00
O pasado xoves 11 de agosto, convertiuse nunha mañá ben especial, porque a nosa convidada así o é.
Benita Garcia Dios, entrada en anos e en sabiduría aceptou encantada a invitación de pasar unha mañá cxs nenxs e mestras da Escola de Verán de A Illa.
Chegou en bici e iso xa diu para comentar. Logo a súa experiencia sobre a vida na Illa fai máis de 50 anos e as súas viviencias a través dunha perspectiva de xénero. Con ela tamén trouxo outra luz. Unha lámpada de carburo, utilizada cando viña a noite e a Illa non coñecía a instalación da luz eléctrica.
O paso do tempo e ela quixeron que a día de hoxe sexa usuaria das redes sociais, para sorpresa de moitxs nenxs. (Xs máis medradxs, non saían do seu asombro!)
Tamén houbo conversa sobre os camiños de barro e os xogos infantís da época. O funcionamento das escolas e os castigos. Os traballos familiares e a vida sen ponte. Logo mostrounos unha lata de ColaCao que se recoñecía tralo paso do tempo, e do que non se esquece nunca de levar consigo, é o sorriso e a enerxía.
Gracias Benita!
Gardamos un fermoso recordo teu, sempre!
O bo é que cando marchou, tiña cara de contenta e a nós pareceunos fermosísima a súa imaxe marchando coa bici chea de flores. Mirade, mirade, que esta muller contaxia todo o bo!
0 comentarios