VISITA DO BOMBEIRO

03:00

Con Alvaro Dios, chegamos á visita nº 15. 
Si non se presenta ningunha oportunidade máis pola porta, a de Álvaro convertirase na última visita do verán. 

Presentámolo como bombeiro e pai de Marco. 
Veu a contarnos a súa experiencia laboral extinguindo incendios pola nosa provincia, intentando salvar a cor verde dos nosos montes da forza do lume e da crueldade humana. 



Pasando calor, chegou ben equipado. Puidemos coñecer o seu traxe de traballo, casco, gafas e todas as proteccións das que dispón. Xunto a el coñecemos a forma de traballar dunha brigada forestal. O traballo en equipo, o compañeirismo ou os perigos cos que se encontran. A importancia da prevención e a voz alarma chamando ó 085. O sufrimento humano e animal co lume, a tristura das cinzas e toda a infraestrutura necesaria para a extinción dun lume voraz. Camións, helicópetros, avións e moit@s equipos de bombeir@s. 


Houbo tempo de ver vídeos reais de brigadas galegas traballando e de facerlle preguntas ó bombeiro presente. 
Para completar a mañá, puidemos desfrutar dun camión de bombeiros gracias ó Concello de A Illa de Arousa, que nolo aparcou no patio de cole. E dou moito xogo, tendo que formar cuadrillas para subir a el. Álvaro desplegou mangueiras e deixouse axudar por tod@s @s aspirantes a bombeir@s que alí había. 
Fermosas imaxes de nen@s, de mestras que o desfrutaron e de Álvaro e Brigida Rodriguez, que con ilusión fixéronnos pasar unha moi fermosa mañá. 

As fotos novamente, debémosllas a Miguel Rodríguez. 
Moitas gracias, porque coma ós bombeir@s, o traballo en equipo desta mañá foi fundamental.



















You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS