VISITA BATA - AUTISMO
03:00
Conversa entre nen@s:
- Porqué hai tantos globos? É un cumple?
- Non. É a cor do autismo.
Un pequerrecho dille ao seu pai hoxe ás 14 horas:
- Papi, viñeron dous mestres a falarnos do autismo. Coñecín os pictogramas.
Estas pequenas conversas representan unha ledicia para unhas mestras que intentaban preparalo todo para a visita de Mónica e Mario, profesionais de Rsa Bata que viñeron a sensibilizar con nós sobre o autismo.
Ofrecéronnos moita información, detalles curiosos e materiais cheos dese sistema alternativo de comunicación que utilizan, os pictogramas. Son moitas as vantaxes de que tod@s coñezamos os pictos. Á parte de ser un elemento inclusivo, teñen infinidade de posiblidades, e hoxe nesta escola de verán quedou demostrado. Seguiremos traballando con eles, argallando algunha cousiña máis, moi xeitosa.
Inundámolo todo de globos azuis, e o ambiente era festivo. Para tod@s, menos para un pequerrecho ó que non lle gustan nada de nada os globos, polo medo de que estoupen. Xa nolo dixo a mestra Charo, "coidado cos globos", mencionando a hipersensibilidade acústica das persoas con autismo.
Pois ben, rebentou algún globo (como non podía ser doutra forma), e este pequeno comezou a chorar querendo marchar.
Unha lección para nós, e unhas desculpas que se merece un moreniño pequerrecho.
0 comentarios