CHARO ENSINOUNOS A MAXIA DO PAPEL RECICLADO

03:00

Ela é do chan, do monte, do mar, da xente. 
Muller de ideas inesgotables, gran conversadora, nai diversa, persoa valente e comprometida. A mestra con vocación que calquera alumn@ desexaría ter. Elixiu ser mestra de bioloxía, e non para de sementar. Tanto lle da o terreo, terra ou corazón, ela sementa sen descanso. 

Proba disto son os comentarios d@s nen@s que a coñeceron hoxe e a alegría no noso equipo! 
Porque hoxe traballamos duro seguindo o ritmo de Charo Illa Natura no obradoiro de elaboración de papel reciclado que veu a compartir con nós. 


A mañá xa comezou ben, cando chegou pola porta e dixo que tiñamos alí material dispoñible para "empapelar o Salnés enteiro". Seguimos as súas indicacións con moito detalle dende fai días, e así nos foi, xenial. 

Nen@s traballando duro na materia prima. Mans na masa. Masa ata nas orellas. Tres tendais de papel a secar, capachos para baldear e trapos de chupar e "molidos", dunha importancia vital. 
Cantos nas esperas, risas e abrazos no ambiente, roupa para lavar e mañá para sentirnos moi agradecidas. 



Houbo tempo tamén para que Charo nos fixera unha explicación previa da importancia do coidado do noso medio, da protección dos bosques, da fabricación de papel, do uso e abuso do papel, da auga e da enerxía. Da importancia da reciclaxe e do amor pola terra. 


Como che dicía, gracias Charo. Por isto, por aquilo. Por tanto a tod@s! 

Gracias tamén a Nuria Santiago polo apoio e polas fotos d@s peques. A Fco M. Cores porque a túa axuda segue en pé e a Rosa Núñez pola fundamental materia prima.



















You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS