CON FRAN DESCUBRIMOS O CARREIRÓN

03:00

Estando no cole, namoramos do Carreirón. 



Puntual coma os arroaces que agardan Fco M. Cores e Pepa Dios, apareceu Fran de Carreirón na Escola de Verán de A Illa, esta mañá. 

Mostrábase contento e ilusionado, e todo foi en aumento. Da man de Fran demos un interesante paseo por Carreirón, cheo desa fermosa fauna, da que el sempre saca a súa mellor pose. 

Fran e Pepa levan 10 anos paseando polo Carreirón. Gracias a iso, ó seu respeto polo medio, e á súa afición á fotografía, agora desfrutamos dunha fotogalería fantástica da fauna do lugar. Á parte do seu gran traballo de fotografía, ten na súa man moito saber. 


Fran falounos das rás de San Antón, dos arroaces, das familias de patiñxs, dos mergullóns, do lagarto Arnau, do falcón peregrino ou do paxaro carpinteiro. 

Gracias á súa visita, agora sabemos onde é máis frecuente atopalos, situándonos no mapa do Carreirón. Tamén a forma de velos, de achegarse, de mostrar respeto, de non manexar, nin asustar.

Ensinounos a respectar o espacio e a ilusionarnos por achegarnos ó Carreirón. 
Logo agasallámolo cunha casiña de paxaros, porque seguro que algún quere ir a vivir canda el. 

Víaseche moi contento, Fran. Debes estar acostumado á fauna autóctona!  

Moitas gracias por compartir con nós toda a vosa sabiduría, froito do tempo, da paciencia, da ilusión e do respecto. 

Foi xenial! 

Podes visitar o blog de Fran e non deixar de aprender, gracias á difusión do seu traballo, sobre a fauna e flora do noso parque natural.
Bota un ollo en, ENFOQUES DA AROUSA.


















You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS