CIRCUÍTO DE CORRESPONSABILIDADE DOMÉSTICA
03:00
Levamos uns días traballando a igualdade de xénero na ESCOLA DE VERÁN DE A ILLA.
Dentro desta temática, víamos a necesidade de incidir no traballo doméstico. De VITAL importancia, pero INVISIBLE e que recae maioritariamente en mans femininas. Pois ben... non dábamos crédito á motivación e ilusión de NENOS E NENAS nas tarefas propostas.
Isto era un xogo con escenificacións variadas, pero na casa temos o mellor esceario para que o xogo e a aprendizaxe vaian da man, rompendo desta maneira unha FORTE DESIGUALDADE DE XÉNERO. Mamis e papis, animádevos a xogar!
Aquí vai unha pequena mostra, pero podemos asegurar que 8 casas quedaron semi-valdeiras hoxe, polo material que acarretamos. Había varios recunchos: cociñas ben equipadas, lavadoras e tendais, limpeza de cristais, barrido e fregado de chan, costura, pintura e un variado supermercado.
Cando todxs marcharon, xogamos nós. Agora ben, podemos prometer que hai fotos que demostran o dito, con nenxs entregados na tarefa. Encartando sábanas, lavando louza, colgando roupa, fregando chans e paredes, sacándolle brillo a cristais, indo á compra, cociñando, comendo xuntxs...
TREMENDO!
Logo doía o corazón ó desmontalo todo.
Idea orixinaria, de Estela Gondar, que nos meteu, querendo....nun "fregado" monumental e chulísimo!
Gracias equipa!
0 comentarios