OS CORAZÓNS DO REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS
03:00
Somos un equipo de emocións fortes, e hoxe había visita numerosa e ilusionante!
É moi frecuente que xs nenxs pregunten cándo vén o Refugio de Animales de Cambados a visitarnos, e hoxe foi ese querido día.
Polo portal grande do cole, entraron Olga Costa e Rosi, xunto con Clau, Annie, Nor, Nuska e Mia. Tremendas!
Estas mulleres teñen o desexo de cambialo todo e traballan cada día para conseguilo! Pero había máis, porque moi amablemente Evangelina Vázquez trouxo a Tambo (can adoptado no Refuxio) e a un bebé moreniño de 4 patas que o teñen en acollida, porque aínda precisa mans que lle dean o bibe.
As mans de Eva e de Catuxa salvan vidas, admirables!
Rosi e Olga explicáronnos cada unha das historias de vida e de dor, que os cans traían. Historias de abandonos en fincas, en contenedores de basura, en carreteras... e logo o outro lado, o seu gran amor que ensinan e transmiten polos animais. Menos mal que existides!
E foi dificil conter a emoción por momentos, e foi moi fermoso ver xs nenxs volcarse en mimos, abrazos e carreiras cos animais.
Elas informáronnos dos dereitos dos animais. Da responsabilidade que supón ter un can/cadela. Da crueldade dos abandonos e das feridas. Do deber de colaborar coa saúde pública, recollendo os excrementos dos nosos animais. Da súa bondade e amor. Dos cans de terapia do Refuxio. De Nor e da súa fortaleza ante a discapacidade que padece. De Nuska e da súa cegueira. De Vali, o can que acaba de ser rescatado polo Refuxio, e que estiman que levaba dous meses sen comer...
Olga estaba segura que de que pese ás complicacións de saúde, Vali sairía adiante. O veterinario non era tan optimista, pero nós como Olga, mandámoslle toda a nosa forza e esperanza.
E houbo moita pintura de caras cunha previa de maquillaxe. Deletreos con ladridos e comportamentos exemplares dos animais. Descanso animal en pernas alleas e alimento en mans amigas. Agasallos, apertas e mimos, moitos mimos!
Gracias ás familias, que sen pedirllo, aportaron esperanza ó Refuxio en forma de mantas, produtos de limpeza e alimentos. As mestras tamén aportamos con alimento e sensibilización, coa certeza de que é posible cambiar un mundo do revés.
Para coñecer máis sobre enorme traballo que fan, podedes botar un ollo á páxina web Refuxio de Animais de Cambados ou ó perfil do Refuxio de Animais de Cambados no Facebook.
0 comentarios