Idendeaf e Marexada

12:21

En Marexada están pasando cousas boas. Bastaba coa amable visita que nos fixo Idendeaf, colaborando connosco na sensibilización coa diversidade funcional. 
Coa súa presencia, a Lingua de Signos Española foi aínda máis cautivadora. Pero non foi suficiente con isto, que estes días chegou de novo ás nosas mans este pequeno agasallo.

Idendeaf adica unhas fermosas palabras á Escola Marexada agasállandonos con este vídeo Idendeaf e Marexada, dalgúns/dalgunhas de nós signándolles unha canción. 
Qué bonitas se nos fan a tod@s tantos pares de manciñas debuxando palabras no aire!

Idendeaf e Marexada.
E como experiencia novedosa, esta semana comezamos a gravación dunha canción en Lingua de Signos Española. Será un traballo de grupo, de coordinación, de agudeza visual e motriz, de cooperación, sensibilizador, e damos por feito, que tamén será moi divertido. Qué gañas! Rompamos xunt@s as barreiras da comunicación!
Pronto darémoslle ao REC e a signar e bailar! 

PD: Paula, Veru e Miguel, o equipo de Idendeaf que nos acompañou, saberán do noso vídeo en LSE. Serán un xurado excepcional. 
Gracias!

You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS