A estrea!!!

09:12

Por fin o día esperado.


Comezamos con moita emoción e igualmente o rematamos así. Non erámos as únicas, nenos e nenas tamén viñeron moi emocionad@s e iso estivo presente toda a mañá. Moita enerxía e moitas ganas de traballar conxuntamente.

Recibimos a nais e pais na aula máis accesible do CEIP Torre-Illa, a tradicionalmente destinada á ludoteca. Con calma, puxemos os nomes de cada nena/o nun colar ordeadamente e presentámonos tod@s, dicindo o noso nome, e algún detalle persoal e curioso (con qué desfrutamos, a qué nos gusta xogar ou cal é a nosa comida favorita) dándonos así a benvida. Nese intre aproveitamos para ensinar algún vocabulario da Lingua de Signos Española (LSE) como "cereixa" e "fresa" posto que foron nomeadas como comida preferida (mmmmm froitaaaa!)

A mañá pasou entre actividade e actividade. Moit@s adoran pintar! Quen sabe se teremos connosco un/unha artista! Qué emoción! Estes días estamos mostrando o funcionamento da aula e os seus recunchos, coma a zona de orientación espacio-temporal onde se mostra en que día estamos e a climatoloxía do momento, amosándoo tamén en outras linguas tales como a LSE (Lingua de Signos Española).

Tamén tratamos de consensuar normas de comportamento (coma por exemplo escoitar mentres alguén fala) todo de forma comunitaria.

Preto das 11.30 había algo de fame e calmámola merendando xunt@s. Resultou moi positivo sentir como non había impedimento para compartir alimentos, aínda que non foi necesario porque cada pequen@ traía da casa cadansúa peza de froita ou iogurt. No recreo facilitáronse xoguetes para que compartiran e material para debuxar e pintar. En todo momento estiveron moi receptivos cos xoguetes proporcionados por parte do Concello da Illa de Arousa.

Para rematar o día preparamos gran parte dos números para a localización espacio-temporal e desfrutamos cun xogo coas cadeiras. Para finalizar, comezamos a introducir a sesión de relaxación mentres esperábamos a chegada sempre afectuosa de pais e nais.

Cántos sorrisos contaxiosos!

Canción de relaxación de hoxe: Sigur Ròs - Olsen Olsen

You Might Also Like

2 comentarios

  1. Da gusto ver como proxectos tan fermosos como este saen adiante grazas a profesionais cualificados coma vos.
    Ideas innovadoras, como a concienciación e a sensibilización en temas como a diversidade funcional e a educación emocional. Que tanta falta nos fai!
    Os meus mellores desexos :-) xD

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Compartimos os bos desexos contigo e non permitiremos que te nos vaias moi lonxe. Eres parte de nós, témosche presente todos os días e isto non sería igual e non sería posible sen ti. Podo subirme a Lobeira, a Xiabre ou ao Everest a gritalo orgullosa e ben forte! Voa moi alto, pero lévanos contigo! ;)

      Eliminar

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS