IGUALDADE EN MAIÚSCULAS
10:24
Velaquí unha mostra de diferentes maneiras de aprender, de educar, de sensibilizar e de divertirse.
Cando falamos de igualdade, ábrense moitos camiños. Vivimos nun mundo totalmente descompensado, discriminatorio e pouco igualitario. Traballar c@s máis pequen@s a igualdade de xénero era unha das nosas prioridades, pero hai outras moitas aprendizaxes necesarias en torno á igualdade, como a igualdade cultural.
Debemos tomar conciencia que a nosa sociedade tende a sinalar e a discriminar a diferencia. Quérennos a tod@s iguais, facendo e pensando o mesmo! Anular a riqueza que supón unha sociedade diversa, crítica e libre! Se nos saímos do camiño establecido, haberá dedos apuntándonos, miradas, opinións que ninguén pediu e violencias varias. Xa é suficiente! Xa cansa!
Por iso, en Marexada puxemos todo a nosa ilusión en sensibilizar no respecto e na igualdade. Cremos no poder da educación e dunha sociedade mellor!
Esta é unha mostra, de diferentes actividades levadas a cabo para SENSIBILIZAR NA IGUALDADE. Na igualdade de xénero e na igualdade cultural. Fai uns días invertimos complementos e actitudes tradicionais para traballar cuestións de xénero, e hoxe con maquillaxes creamos a nosa propia tribo.
E é que ninguén pode sair gañando na desigualdade. Na persoa que discrimina evidénciase unha falta de coñecemento dos valores transversais. Na persoa que é discriminada, ábrese unha ferida ben fonda. Tod@s sofren, sexan conscientes ou non. Estamos convencid@s do poder dunha sociedade educada na igualdade, do felices que tod@s seríamos así. Nunca o sentimos, porque nunha vivimos nunha sociedade xusta. Témolo que poder probar! Por iso os nosos sorrisos e a nosa enerxía cada mañá na escola, e cada tarde na casa. Imposible sería sen as 60 persoíñas que nos acompañan e que nos fan sentir que isto paga a pena. Vémonos nun mundo feliz.
Creamos a nosa propia tribo traballando a igualdade cultural.
| ||
|
Creamos a nosa propia tribo traballando a igualdade cultural. |
Invertimos complementos e actitudes tradicionais traballando o xénero. |
0 comentarios