As culturas. As verdadeiras riquezas

08:39

Said escribe un nome en árabe.
Contar con visitas é algo sempre moi enriquecedor. Novamente atopámonos cunha gran amabilidade por parte das persoas que quixeron colaborar connosco poñendo moita ilusión nas mañás que compartimos. 

Contactando coa Cruz Vermella do Salnés, puidemos coñecer a Said e Rachida, unha parella xoven e moi amable. A Cruz Vermella fixo de nexo conector entre a parella e a nosa escola. 

Estamos moi agradecidas pola colaboración recibida e a boa vontade de Said e Rachida fixo o resto. Sorprende a súa gran xenerosidade connosco. Non podemos máis que agradecerllo moito.


Con motivo da semana na que traballamos a IGUALDADE CULTURAL, Said e Rachida viñeron o xoves a media mañá encher de cores a nosa escola. Pero non viñeron coas máns baleiras, traían canda eles vestimenta típica de Marrocos, repostería tradicional, delicioso té marroquí e os nomes dos 60 nen@s e as 4 mestras escritos en árabe. Emociona recordalo. 
Xunt@s puidemos coñecer interesantes cuestións sobre a súa riqueza cultural. Falamos de Marrocos, da súa cidade natal Agadir, do deserto do Sáhara... pero non foi só unha experiencia visual, el e ela encargáronse de que o sentido do gusto, do olfato e do tacto estiveran presentes. 

As fotos que acompañan a continuación son unha moi bonita mostra do acontecido.
Un pracer para nós, Said e Rachida. Unha mostra de riqueza. Gracias.

Rachida axuda a Laura a probar a vestimenta típica marroquí.
Said e Rachida entregan como recordo os nomes escritos en árabe.
Said escribindo un nome en árabe.
Laura e Miguel probaron os traxes tradicionais de Marrocos.


Repostería tradicional de Marrocos.
Repostería tradicional de Marrocos.
Said escribindo un nome en árabe.
Agasallo escrito en árabe que di:
"Escola de Verán Marexada. A Illa de Arousa".
A semana foi completa e verdadeiramente interesante, porque para rematala, o venres contamos coa visita de Susi, gran coñecedora da historia da Illa e das costumes d@s carcamáns. Veu a contarnos detalles ata o momento descoñecidos sobre a nosa historia, rematando a súa exposición cunha versión en galego dunha coñecida canción.

Susi é a creadora do blogue AGUAMORTA, o cal convidamos a visitar polo seu variado e valioso contido sobre a historia de Galicia e da Illa, así como curiosidades ou novas do pobo. Dende Marexada, non podemos máis que felicitar a Susi polo seu traballo e agradecer novamente que quixera compartir cando nós outra mañá.


Un momento da exposición sobre a historia da Illa.
Un momento da exposición sobre a historia da Illa.
Un momento da exposición sobre a historia da Illa.
Un momento da exposición sobre a historia da Illa.
Un dos momentos mentras cantábamos.
O equipo de Marexada xunto a Susi.

You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS