As mulleres da miña casa

09:34

Durante os días que traballamos aspectos relacionados co xénero, no Taller de Igualdade de Marexada pasan cousas moi interesantes. Fai uns días, propuxémoslles @s nen@s a seguinte actividade para facer na casa:

"Pregunta ás mulleres da túa familia cómo vivían, en qué traballaban, 
qué podían facer e qué non. 
É suficiente con remontarse tres xeracións atrás (bisavoa, avoa e nai)".

Uns días despois, apareceron respostas tan boas como as que se mostran aquí. Hai máis.
Tratábase de que nenos e nenas falaran na casa. Invital@s a compartir ese momento no que te das conta que as mulleres que conforman a túa familia viviron situacións moi inxustas e moi discriminatorias polo simple feito de nacer mulleres. Elas non elixiron esa condición, pero unha sociedade patriarcal impúxolles límites e violencias que acataban para sobrevivir. Para nós é importante ser conscientes, dende que somos ben cativ@s que o mundo xa existía (e non da mesma maneira) antes de estar nós aquí. É innegable a importancia de coñecer o noso pasado, para que os erros cometidos non volvan xamais.  

Gracias a tod@s @s que quixeron colaborar connosco. Gracias por pensar nas diferencias de xénero. Gracias @s vos@s fill@s, o futuro é algo máis esperanzador!




You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS