Porque somos iguais
16:43
Porque estreamos novo mes, estreamos tamén novo taller en Marexada.
Xunt@s mergullarémonos, durantes estos días no Taller de Igualdade. Estamos falando moito, dando cor e pensando sobre o que pensamos das nenas e dos nenos, das mulleres e dos homes. Hai moitas razóns para facelo:
Xunt@s mergullarémonos, durantes estos días no Taller de Igualdade. Estamos falando moito, dando cor e pensando sobre o que pensamos das nenas e dos nenos, das mulleres e dos homes. Hai moitas razóns para facelo:
- Porque vai sendo hora dunha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
- Porque queremos aportar o noso gran de area a unha sociedade mellor.
- Porque os estereotipos deben poder modificarse na infancia.
- Porque coa igualdade, tod@s saímos gañando.
- Porque queda moito por facer.
- Porque é de dereito.
- Porque é necesario.
- Porque é xusto.
Invitámosvos a desfrutar dunha desas cancións que teñen o poder de emocionar. Un canto de amor ás mulleres e á liberdade. Un recoñecemento a elas e ao matriarcado galego. Representada por mulleres e nenas e cantada por unha muller. Fala delas, das aleitadoras, das conquistadoras, das brillantes activistas da vida cotiá. Das que resistiron a séculos de forza, das matriarcas do país dun tal Breogán.
Neste vídeo, un tesouro.
Pronto, poderemos publicar traballos d@s nen@s. Están a pasar cousas moi interesantes.
2 comentarios
Muy buen tema,no veáis lo q fastidia educar a tu hijo en la igualdad para q te llegue del cole diciendo que los niños le dicen q no le puede gustar el rosa o que no puede jugar a tal juego porque "es de chicas". Y en este campo los más fastidiados son los niños,las niñas pueden jugar a cosas " de niño ",fútbol...y tal ,pero un niño jugando a muñecas y cosas del estilo ya se le machaca ,y lo triste es q muchas veces es la propia familia la q lo hace sentir como que es rarito por jugar a esos juegos de niñas...en fin,mucho que trabajar aun con ese tema. Besos equipo! Ali
ResponderEliminarGracias Ali! E todo o noso apoio nesa educación pola igualdade.
ResponderEliminarTal e como temos de marcados os roles de xénero, sufrimos tod@s! Moi certo o que dis dos nenos cando son pequenos co tema das cores ou dos xogos. Se non se lle pon freo, isto non fai máis que medrar e multiplicarse na idade adulta.
Pensa agora nas discriminacións de xénero entre homes e mulleres adult@s. Asusta de pequen@s e asusta de maiores! Como che dicía, penso que sufrimos tod@s. Unha nena que a insultan por non cumplir os cánones de beleza na infancia, por exemplo ou un neno do que se burlan se lle gusta a cor rosa. Unha muller que é discriminada no seu traballo, ou un home que non debe chorar en público. Levamos moito tempo así, o sufrimento xa nos rebosa.
Ánimo!