Ata pronto!

12:58

Hoxe tocou día de despedidas e as nosas caras son tristes. Non polo vivido, senón por ter que frear a inesquecible compañía de 60 nen@s que fixeron posible levar á práctica un proxecto educativo propio e diferente. 

Botaremos de menos moitos sorrisos, toda a vosa alegría e a enerxía que desbordades ao noso carón. Enerxía que nos levamos!
Cando comezou a Escola Marexada sabíamos que tiñamos que parar a nosa dorna chegado o día de hoxe, pero o que non agardábamos eran todas as sorpresas desta mañá. Flores, chocolates, debuxos, moitos bicos e aínda máis abrazos. 
Sodes xeniais! 
Gracias por estar onda nós!

Queríamos que a mañá de hoxe só fose un ata logo. Volveremos a vernos moi pronto, porque estamos preparando unha sorpresa onde volver a atoparnos. Porque vos merecedes outro tipo de despedida. Por todo o que nos déchedes, isto non podía rematar aquí. 
Ata pronto. Ata moi pronto!
Andade atent@s! 



You Might Also Like

6 comentarios

  1. iria mama de Olaia31 de agosto de 2015, 21:43

    Vos si que sodes xeniais!!!!. Grazas por este verán diferente...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ooohh!! Qué alegría lerche, Iria! Grazas ás familias e @s pequen@s por estar tan preto de nós.
      Foi un pracer compartir este tempo xunt@s. Botarémosvos de menos. Vémonos pronto! Gracias polo voso dulce regalo.
      Un bico para ti e para Olaia.

      Eliminar
  2. Pais de Xiana e Icia4 de setembro de 2015, 00:26

    Moi agradecidos ppla esperiencia que este ano tiberon os nenos, esperemos teña continuidade en proximos anos. Incluso, propoñer como actividades estraescolares a de idioma de signos seria unha gran idea.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias tamén a vós, papi e mami de Xiana e Icía. Para nós foi un verdadeiro pracer coñecer ás vosas pequechas. Falaremos diso que nos dicides, que pode ser moi interesante. Vémonos pronto! Un bico.

      Eliminar
  3. Gael acordase moito de vos e de tod@s @s amig@s que fixo alá.

    Desde Valencia moitisimos bikos a tod@s.

    💋

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ooohh!! Gracias!!
      Nós devolvémoslle os recordos! Porque Gael estivo moi presente. Houbo abrazos e bágoas dos compañeiros ao velo marchar. É un neno xenial."É un fenómeno" (como el dicía a menudo dos demais). Quedamos encantadas de poder coñecelo e compartir tempo con el.
      Dalle un abrazo da parte das mestras, de Espe, Thais, Laura e Miguel e dos seus amig@s!
      Agardámosvos cando volvades, aquí estaremos.
      Un bico!

      Eliminar

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS