As nosas aficións cando aínda somos libres
09:35
Porque na nosa esencia, tampouco nos diferenciamos tanto. É curioso ver como en idades curtas, as diferencias de xénero están minimizadas, ata o punto, que case non existen. A medida que sumamos anos, van aparecendo resistencias, estereotipos, discriminacións e sufrimentos por razón de xénero. Unha mostra máis, de que a educación é a clave. Debemos sementar, para logo recoller.
A sociedade na que vivimos tende a ser cruel, non acepta as diferencias, estigmatiza e utiliza todo tipo de violencias, non fomenta o pensamento, nen a crítica, nen o compañeirismo, nen...nen...nen... Se non intervimos, se deixamos quedar, o panorama vólvese negro.
Aficións de nen@s menores de 5 anos. |
Aficións de nen@s menores de 5 anos. |
Na Escola Marexada estamos convencidas que traballando coa infancia, é posible que a situación do mundo no que vivimos poida mellorar. Por iso, pedímoslles @s nen@s que debuxaran as súas aficións. Unha mostra máis, de que entre os nenos e as nenas hai moitas semellanzas. Pequen@s e adult@s desfrutamos con cousas parecidas, sen importar o que socialmente está atribuído a gustarlles a uns/unhas ou a outros/outras. Moit@s pequen@s aínda teñen a liberdade de poder contalo, sen censuras de xénero.
Qué persoa que nos lea non comparte algunhas das aficións debuxadas?
A praia, pasear, saltar á comba, acariciar un patiño, estar no sofá cun/cunha irmá/irmán, xogar ao fútbol, cantar, as flores, as mazás, a pizza, o campo, nadar, a natureza, as fotos, o tenis, o parque, o colexio, o basket, a casa, as fresas, as xirafas, o sol...
Aquí outras fermosas obras, d@s nos@s grandes artistas!
Aficións de nen@s maiores de 5 anos. |
Aficións de nen@s maiores de 5 anos. |
Aficións de nen@s maiores de 5 anos. |
Aficións de nen@s maiores de 5 anos. |
0 comentarios