Na diversidade está a nosa riqueza.

08:25

A semana que está a piques de rematar, foi unha semana moi intensa. Chea de contidos, de emocións, e de novos coñecementos e experiencias. Durante dous días, introducímonos no tema da diversidade con dinámicas e materiais sobre o mundo que nos rodea. 

A diversidade está ao noso arredor: nas árbores, nas flores, nas froitas, nos animais, nos países... Non hai dúas persoas iguais, nin sequera os irmás/irmáns xemelg@s son exactamente iguais!! Cada familia é un pequeno mundo e nelas existe unha gran diversidade! Vivimos en casas diferentes, temos mascotas distintas e desfrutamos facendo cousas dispares. Na comida, no deporte, nas actividades de ocio, nos estudos ou no traballo... tod@s nos diferenciamos! 
Pero as persoas, tamén temos moitas cousas en común, Déchedesvos conta? Todas as persoas queremos ter ao noso arredor xente que nos queira! Tod@s temos soños e ilusións!

E coas diferencias como introducción, demos paso ó tema da diversidade funcional. 
Xunt@s aprendemos e traballamos a sensibilización na discapacidade motora. Botando man de materiais audiovisuais, puidemos falar das persoas con este tipo de discapacidade, das barreiras arquitéctónicas (a gran enemiga das persoas con mobilidade reducida), ou as axudas técnicas, focalizando en todas as actividades que estas persoas poden facer, aparte de sorrir e ser felices, aínda tendo limitado parcial ou totalmente o uso das súas extremidades. Explicámoslles que son persoas que buscan a felicidade, igual ca tod@s nós, que precisan que se lles queira e que teñen todo o dereito a ser respectad@s, incluíd@s e tidos en conta na sociedade, exactamente igual aos demais. 

Para todo isto, contamos coa colaboración da Asociación ASPAYM Galicia, que moi amablemente viñeron a visitarnos e a compartir connosco unha mañá na escola. Para recibilos e acollelos como se merecían, previamente colaboramos o equipo docente e tod@s os nen@s nun mural decorativo e temático que tivo moito éxito, quedando tod@s moi satisfeitos co resultado.

You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS