O Papamedos
16:16
Nestes días estamos a traballar no Taller de Intelixencia Emocional, adentrándonos no fermoso universo das emocións. Comezamos por achegarnos á emoción da alegría, da ira, da tristeza, do asco ou do medo. E relacionada con esta última, tivemos unha visita moi diferente.
O Papamedos achegouse ata a Escola Marexada en forma de caixa monstruosa. Presentóusenos a tod@s nós dicíndonos que é unha caixa disposta a axudarnos. Pode ter un aspecto algo diferente, pero posúe un enorme poder. Aliméntase dos nosos medos. Encántalle comer os medos das persoas, para que non nos entorpezan e así despedirnos deles.
O día que traballamos a emoción do medo, @s nen@s participaron en debuxar ou escribir algo que lles dese medo. Así o fixeron, e aquí está a mostra de que alimentamos moi ben ao Papamedos. Démoslle todos os nosos medos, para que os leve moi lonxe e non volvan nunca máis.
Nenos e nenas danlle de comer ao Papamedos. |
0 comentarios