VAI DE CIENCIA

03:00

Nunha conversa cun grupo de nen@s, deixouse ver a ilusión pola ciencia. Tres mestras entraron na conversa, cos ollos coma platos pola certeza das informacións que compartían con nós nen@s de 7 anos en adiante. E isto levounos a unha actividade ben fermosa, non prevista, pero xenial. Coma eses plans non planeados, que aparecen e son éxito, pois así foi a mañá compartida cun grupo de nen@s científicos.



A conversa derivou en crear pocións máxicas, con utilidades diversas, moi creativas e sorprendentes.
Deixamos unha imaxe, pero escribimos o contido.
Pocións máxicas que servan:
- Para voar.
- Para que tod@s @s nen@s sexan felices.
- Para ser inmortal todo o mundo. (Consulte ó farmacéutico, sabe a laranxa, por 10,50).
- Para ter moita memoria.
- Para facer unha máquina do tempo e coñecer a Albert Einstein e Stephen Hawking.
- Para axudarche en todo.
- Para aprobar todos os exames.
- Para facerlle vida ós dinosaurios.
- Para ser máis listo.
- Para flotar polo ceo.


Ai! Gracias!

You Might Also Like

0 comentarios

Entradas populares

CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

SORPRESA MUSICAL

PORQUE ESTAMOS CHEAS DE VIDA CON GUADI GALEGO

Algo xenial ocorreu hoxe no cole de verán de A Illla . Guadi Galego veu a visitarnos.   E ensinámoslle en Lingua de Signos o seu tem...

TRADUCE SE PRECISAS